‘O peche da Rede de Dinamización non ten xustificación económica’

    red_dinamizacion_100_300610.jpg VILAGARCÍA> Segundo a edil de Promoción Económica, Rosa Abuín, o gasto de indemnizar os 42 despidos serviría para manter as aulas abertas.

    {flowplayer}images/salnes/REDE_DINAMIZACION.flv{/flowplayer}
     
    Fora cal fora a hora na que se pasaba por diante deste centro de Dinamización, era habitual atopar dentro usuarios navegando por internet, falando por vídeoconferencia ou asistindo a algún curso de informática. A aula de Vilagarcía é un dos locais da rede con máis demanda desde a súa implantación, con case dous mil trescentos usuarios. Só no primeiro trimestre deste ano rexistraron 106 novas inscricións, e impartíronse 12 obradoiros tecnolóxicos. A Xunta de Galicia decidiu pechar tanto este coma os demais centros da rede en toda Galicia. Desde a concellería de promoción económica de Vilagarcía cualifican esta medida de ‘despilfarro’, pois non só se está privando á poboación dun servizo gratuíto e útil, senón que están despedindo a 42 traballadores, cos conseguintes gastos en indemnizacións. P
     
    ara manter a rede, a Xunta propón ós concellos subscribir un convenio mediante o cal os gobernos municipais terían que localizar unhas novas instalacións para o centro e contratar ó persoal, mentres que a administración autonómica se faría cargo dos cursos, impulsar proxectos de dinamización e subvencionar o 80 por cento do gasto do traballador contratado no 2010. Para anos vindeiros, esta axuda dependerá da dispoñibilidade orzamentaria.
     
    Segundo explicou Rosa Abuín, na última xunta de goberno local acordaron propoñer á Administración Autonómica un convenio alternativo para garantir a continuidade do centro de Vilagarcía: eles faranse cargo de buscar as novas instalacións, do seu mantementos e deixar o posto de dinamizador en mans dun traballador do concello. A cambio de que o goberno autonómico se comprometa a manter a subvención do 80 por cento do seu salario. Abuín indicou que a Xunta rexeitou a proposta alegando que se debía contratar unha persoa nova.
     
    Redacción Salnés