O PP Local reúnese co Comité de Empresa de Elnosa

Pontevedra> O PP de Pontevedra mantivo unha reunión co delegado do comité de Empresa de Elnosa. O fin de este encontro é o de escoitar en primeira persoa a situación dos traballadores desta empresa, e pedir aos políticos a continuidade desta cloreira, sempre e cando cumpra coa normativa europea. O PP de Pontevedra reuniuse na súa sede cos representantes do Comité de Empresa de Elnosa. Para Jacobo Moreira é imporante que novas empresas cheguen á cidade pero tamén manter as actuais empresas, como por exemplo esta cloreira situada na ría de Pontevedra. Dende o Comité de Empresa de Elnosa dixeron que eles van onde os reciban, agradeceron que o PP lles dese esta posibilidade xa que din, teñen moito que contar e que o único que eles defenden é a continuidade do seu posto de traballo. Se todo segue segundo o previsto e non hai novidades por parte do Goberno autonómico e a empresa, esta cloreira debería pechar as súas portas en decembro deste ano.