Pontevedra: capital do emprendemento

Pontevedra> Esta mañá na Praza de España de Pontevedra tivo lugar a inauguración da cuarta edición do PONT UP STORE. Unha cita que reúne a 40 emprendedores da nosa comunidade, e que acollerá máis de 40 actividades ao longo destes dous días. A cidade do Lérez convértese ata mañá sábado na capital da cultura emprendedora. Os emprendedores non podían ter un mellor espazo para amosar os seus proxectos e traballos que a Praza de España de Pontevedra. Nesta maña alí tivo lugar a inauguración oficial deste Pont Up Store unha cita que reúne a 40 emprendedores, das 120 solitudes recibidas, e que contará con preto de 40 actividades vencelladas co mundo de emprendemento. Unha maneira única de facer visibles os seus traballos. Dende a universidade, que organiza este evento, apostan claramente nesta iniciativa moi imporante para todos aqueles que están comenzando no mundo empresaria. E dende o concello, o alcalde, dixo que é todo un orgullo poder colaborar cun evento destas características. Ata mañá sábado 23 de setembro poderán desfrutar desta cuarta edición do Pont Up Store na Praza de España en Pontevedra.