O Banco de Alimentos organiza unha nova recollida solidaria pola escaseza de produtos

PONTEVEDRA> 18.000 quilos. Esa é a cantidade que o Banco de Alimentos de Pontevedra espera superar esta fin de semana na primeira recollida solidaria do ano. Unha actividade que se levará a cabo de maneira simultánea en 6 concellos da provincia e na que participarán 8 establecementos comerciais.

O Banco de Alimentos prepárase para a primeira recollida solidaria do ano. A actividade levarase a cabo entre mañá e pasado en Pontevedra, Vilagarcía, Cambados, Lalín, Arcade e Marín. En total, nesta edición participarán 8 supermercados de Eroski e Familia.

O obxectivo que se marcan dende o Banco de Alimentos é superar os 18.000 quilos recollidos o ano pasado. En canto aos produtos máis demandados destacan sobre todo…

O Banco de Alimentos conseguiu repartir en 2019 preto de 300.000 quilos de comida. Unha cantidade coa que se cubriu o 35% das demandas dos máis necesitados.

A pesar dos bos datos rexistrados no 2019, actualmente o Banco de Alimentos de Pontevedra ten escaseza de produtos de primeira necesidade. Por iso chaman á solidariedade de toda a cidadanía para esta primeira recollida solidaria de 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí