A comisión de Economía aproba unha baixada de impostos sen moito futuro

Pontevedra> Dende o PP de Pontevedra amosáronse entusiasmados esta mañá, xa que a comisión de Facenda, aprobou a moción deste partido solicitando a baixada dos impostos na cidade. Iso si, fíxoo soamente co apoio de Ciudadanos e saíu adiante porque faltaba un concelleiro do BNG, o que significa que no pleno non se aprobará esta moción. Sobre este asunto Lores ten claro que o PP o que ten que facer é predicar co exemplo. Entusiasmado, así se amosou o concelleiro do PP e presidente da Comisión de Economía, Rafael Domínguez despois de que hoxe se aprobase unha moción do PP para baixar os impostos na cidade. Dende o PP consideran que co superávit co que contan no concello poderían baixar algún imposto, o que queiran, con tal de aforrar cartos os pontevedreses. Domínguez propuxo unha baixada do 8 ou 10 por cento no IBI. Iso si, esta aprobación débese a que na comisión de economía faltou un concelleiro do BNG, e por iso, co voto do presidente que é Rafa Domínguez e o voto a favor de Ciudadanos puido saír adiante a mesma. O PSOE e Marea abstívose e o BNG votou en contra. O que significa que esta moción soamente sae adiante en comisión pero non o fará no pleno da corporación. Preguntado sobre este asunto, o alcalde dixo esta mañá que o PP o que ten que facer é predicar co exemplo. Unha moción que irá ao pleno ordinario da corporación é que previsiblemente, pese a aprobación en comisión, non sairá adiante cos votos en contra do BNG.