O Hospital Provincial, novo punto de recollida do Banco de Leite

PONTEVEDRA> O Hospital Provincial  de Pontevedra conta dende hai uns días  cun punto de recollida do banco de leite materna que funciona para o sur da comunidade galega e que ten a sede principal en Vigo. Con este novo centro satélite, preténdese facilitar a doazón e aumentar este recurso tan importante para a área de neonatoloxía.

O Banco de leite materna proporciona alimento a lactantes hospitalizados que carecen de leite da súa propia nai, especialmente prematuros e nenos enfermos.

Os beneficios desta leite están contrastados e organismos internacionais coma OMS ou UNICEF considérana a mellor alternativa cando non hai leite materna da propia nai.

A nova infraestrutura do Hospital Provincial facilitará as doazóns, ó non ter que desprazarse a Vigo as doantes.

A colaboración é moi sinxela. Tódalas nais doantes serán ben recibidas. No punto de recollida entrégaselle o material para realizar a extracción, que se pode facer na casa.

Tanto en atención primaria coma dende a área de partos, infórmase ás futuras nais da posibilidade de doar leite materna.

Tamén nos grupos de apoio á lactancia materna se ofrece información sobre cómo facerse doante. O obxectivo do novo centro de recollida do Provincial e manter activas de forma sostida un grupo de entre 5 e 10 doantes.