SANXENXO> O vicepresidente da Xunta de Galicia estivo este luns en Sanxenxo para asinar un convenio de colaboración en materia de eficiencia enerxética. Posteriormente Alfonso Rueda, acompañado do rexedor da vila, Telmo Martín, visitaron o paseo de Baltar, onde se van a desenrolar algunhas actuacións. O concello de Sanxenxo foi o punto de encontro, no que o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda se atopou co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, para asinar un convenio de colaboración en materia de eficiencia enerxética. O rexedor mostrouse satisfeito con este acordo. Este convenio suporá unha achega de 50.000 euros para a actuar en diferentes zonas do municipio; actuacións en Silgar, no parque de Vilalonga, na praza de abastos de Portonovo e no Paseo de Baltar, onde se instalarán 24 luminarias novas e a onde se desprazaron Rueda e Martín despois de asinar o acordo. Rueda avogou por continuar impulsando a colaboración e a comunicación entre o Goberno autonómico e os concellos galegos, e mostrouse agradecido pola rapidez coa que Sanxenxo presentou a documentación necesaria para esta achega. Para rematar e despois da asinar dito convenio, ambos políticos desprazáronse ata o paseo de Baltar, en Portonovo, para ver in situ o terreo no que se van a acometer algunhas actuacións, nas que colaborará o ente autonómico.
Inicio Salnés - Caldas