Telmo Martín, candidato a presidir o PP de Sanxenxo

    SANXENXO> Telmo Martín xa é oficialmente candidato a presidir o Partido Popular de Sanxenxo. Esta mañá presentou os seus avais na sé local da formación: 193, uns apoios que practicamente duplican os 100 necesarios para presentar candidatura. O congreso celebrarase este domingo e, polo de momento, Martín é o único candidato.

     

    O vindeiro domingo, os populares de Sanxenxo escollerán ao seu presidente. Esta mañá, o actual voceiro da formación, Telmo Martín, presentaba os seus avais na sé local da formación. Polo de momento, é o único candidato.

    Martín presentou 193 avais, duplicando case os 100 apoios de afiliados que, segundo os estatutos, son precisos para presentar candidatura. 

    O do domingo será o primeiro congreso local do PP de Sanxenxo en 23 anos, e dende a formación calculan que participarán ao redor de 250 militantes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/13/candidatura_telmo_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/13/candidatura_telmo_sanxenxo.mp4{/flowplayer}