Liorta interna na directiva da Protectora de animais de Vilagarcía

    VILAGARCIA > Tres membros da directiva da Protectora de animais de Vilagarcía arremeten contra o seu actual presidente. Aseguran que despilfarra os cartos da entidade e que, amais, non está a atender como se debe a tódolos animais.

    A metade da directiva da Protectora de Animais de Vilagarcía ven de denunciar a actual xestión do seu presidente, Víctor Manuel Rodríguez Farto. Entre outras cousas, acúsano de ser o causante das débedas da entidade a día de hoxe, e non a causa dunha herdanza da anterior directiva como asegurou el. Amais da mala xestión, estes críticos aseguran que non se está a tratar ben ós animais, sobre todo ós últimos en ser recollidos. Asemade, denuncian que se está a gastar cincocentos euros mensuais máis en soldos e a protectora do Pinar do Rei está atendida moitas menos horas. E por se fora pouco, aseguran que Víctor Rodríguez está a tomar as decisións de xeito unilateral, ou no mellor dos casos, cos únicos votos a favor da súa muller e outro directivo. Por todo isto, Ana Otero, Alejandra Martínez e Jesús Leirós veñen de pedir a dimisión de Rodríguez Farto, ou cando menos, que se lle dea á oportunidade ós 340 socios, de decidir en asemblea sobre a súa continuidade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/protectora.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/protectora_vilagarcia.mp4{/flowplayer }