O cámping Ría de Arosa pisa con forza no mundo da vela

    RIBEIRA> A estrea do camping Ría de Arosa como patrocinador de regatas non puido arrancar co mellor pé. Ó longo deste verán, o quipo capitaneado por José Manuel Pombar, fíxose con varios títulos. O triunfo na regata Galatea, en agosto, veu confirmar esta boa racha. Na súa fiolosofía de apoio ó deporte local, o xerente do camping ría de Arousa, Manuel Domingo Rodríguez, embarcouse no patrocinio dun novo equipo de regatas. Na súa estrea ó longo deste verán non puido acadar mellores resultados co triunfo en varias competecións e regatas a nivel autonómico. O último, o primeiro posto no trofeo Hotel Galatea Conservas Pescamar, disputado a finais de agosto, no que José Manuel Pombar logrou o triunfo na clase dúas. Estes éxitos non fan máis que animar ó equipo que ó longo deste mes de setembro xa leva participado en cinco competicións con moi bos resultados.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí