![]()
RIBADUMIA> A alcaldesa, Salomé Peña, entregou hoxe os diplomas ás 15 alumnas do curso de Auxiliar de Axuda a Domicilio.
{flowplayer}images/salnes/DIPLOMAS_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
RIBADUMIA> A alcaldesa, Salomé Peña, entregou hoxe os diplomas ás 15 alumnas do curso de Auxiliar de Axuda a Domicilio. Trátase dunha acción formativa para desempregados, que se desenvolveu en Besomaño entre setembro e decembro do 2009.
Unha por unha as alumnas recolleron das mans da alcaldesa o carné que lles acredita como profesionais de axuda a domicilio. A través de 495 horas, as participantes, puideron aprenderon as bases do servizo de asistencia a domicilio, a saúde do asistido, e a prevención e atención sociosanitaria.
Salomé Peña explicoulles que, grazas a este curso, poderán acceder a un sector que está en alza. Precisamente, atopar traballo é o que máis lles importa ás 15 alumnas, que xa eran desempregadas. A alcaldesa animounas ó afirmar que, unha parte importante das alumnas do curso están traballando no Xeriátrico. A rexedora recordoulles que, a través do Servizo de Orientación Laboral, pódese acceder a numerosas ofertas laborais.
Redacción Salnés






