O concello modificará diversos pasos de peóns en prol da accesibilidade

Pontevedra> A concellería de Obras de Pontevedra porá en marcha, en colaboración coa asociación Amizade, a modificación de distintos pasos de peóns da cidade. O obxectivo resolver problemas de accesibilidade tanto para persoas con problemas e mobilidade como para invidentes. A Praza de Barcelos será o primeiro espazo onde se van a modificar os pasos de peóns. Contará cun investimento de 85 mil euros e as obras, segundo o concelleiro desta área, deberán estar rematadas neste 2017. Pero Barcelos é soamente un dos 12 puntos onde o concello deberá realizar a súa inversión co fin de facilitar o seu día a día a persoas con mobilidade reducida e para invidentes. Dende a asociación Amizade agradecen a colaboración do concello con estas melloras. Uns traballos imprescindibles para o seu día a día pola cidade. Ademais da Praza de Barcelos hai distintos puntos onde será necesario intervir nas beirarrúas e nas calzadas como na avenida de Bos Aires, en García Camba, En Sagasta, na avenida de Vigo ou en Eduardo Pondal. Neste caso, son desniveis de ramplas ou desaxustes nas alturas de beirarrúas e das calzadas.