O gourmet galego darase cita na II edición da Feira Etiqueta Negra

Pontevedra> Esta mañá, a Praza da Peregrina, foi o lugar elixido para presentar a II edición da Feira Etiqueta Negra. Unha cita que se celebrará os días 28,29 e 30 de outubro e que congregará, no Recinto Feiral de Pontevedra, os mellores produtos gourmet galegos. A última fin de semana de outubro, os días 28,29 e 30 o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá a Segunda edición da Feita Etiqueta Negra, unha cita adicada aos produtos gourmet e delicatessen galegos. Un evento que hoxe se presentou dende a Praza da Peregrina. Nesta ocasión xa son máis de 50 as empresas que van a participar como expositores. Durante os tres días de celebración da feira daranse cita nun mesmo espazo profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias do mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. O día 28 a xornada estará centrada nos profesionais, e xa na fin de semana os días 29 e 30 esta Feira Etiqueta Negra abrirá as súas portas ao público en xeral en horario ininterrompido de 11:00 a 20:30 da tarde.