AEMPE mira cara os retos de futuro no seu 40 aniversario

PONTEVEDRA> AEMPE celebrou o pasado venres os seus corenta anos de historia. A asociación de empresarios de Pontevedra despediu cunha cea con autoridades e socios a programación conmemorativa que se prolongou durante o último ano. No acto, destacaron sobre todo a importancia de anticiparse aos cambios nun momento especialmente difícil para o sector empresarial.

O pasado venres, AEMPE despediu a programación especial coa que levan un ano celebrando o seu 40 aniversario. Unha listaxe ampla de actividades, dirixidas a apoiar novos proxectos e a formar a empresarios e traballadores.

Foi unha noite de recordar o pasado pero, sobre todo, de mirar cara o futuro. Adaptándose e asumindo todos os cambios que se están a dar no mundo empresarial.

A esta cita tamén acoderon representantes das diferentes administracións. Todos coincidiron á hora de destacar o papel que xogan os empresarios no tecido económico das vilas, como motores da sociedade e para a creación de emprego.

A finais deste 2018, Aempe celebrará novas eleccións para renovar a directiva da asociación. A día de hoxe, engloba máis de 5.000 traballadores de pequenas e medianas empresas, e plantéxase incorporar a colectivos de comerciantes.