Pontevedra perfílase como sede para o congreso de urbanismo sostible Placemaking Week Europe 2022

PONTEVEDRA> Pontevedra perfílase con forza para acoller a Placemaking Week Europe 2022, un congreso internacional sobre urbanismo sostible. Unha representación da organización empezaron hoxe unha visita de dous días pola cidade para coñecer en directo o seu modelo urbano. Dende o concello aseguran que a cita podería atraer a preto de medio milleiro de persoas.

A Placemaking Week Europe busca sede para o ano 2022 e a cidade de Pontevedra postúlase con forza para acoller este congreso internacional sobre urbanismo sostible.

Unha delegación da organización visita entre hoxe e mañá a cidade para coñecer sobre o terreo o seu modelo urbano. Hoxe percorreron o centro e mañá achegaranse ao núcleo de centralidade de Salcedo e ao parque forestal da Fracha.

Aínda que o eixo central da actividade é a semana do congreso, dende a organización apostan por traballar durante todo o ano coas cidades anfitrioas.

Dende o concello de Pontevedra agardan que os bos agoiros se cumpran, e a cidade siga a estela doutras que xa acolleron o congreso, como Ámsterdam, Estocolmo ou Valencia.

A intención da organización é decidir a sede para a cita do 2022 entre os meses de setembro e e outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí