O BNG da Pobra demanda melloras nos centros educativos

    POBRA> O BNG da Pobra volve a insistir na posta en marcha do Consello Escolar Municipal. Ademais solicítalle ó equipo de goberno que acometa dunha vez as obras de mantemento nos centros educativos que xa están comprometidas e resolva as subvencións ás ANPAS e ó transporte escolar. Varias son as solicitudes en materia educativa que o BNG levará ó pleno deste xoves. Algunha delas garda relación coas obras de mellora e mantemento das instalacións dos centros de ensino. Unhas actuacións de competencia municipal que xa estaban comprometidas, pero que a día de hoxe, iniciado xa o curso escolar, aínda non foron realizadas. O BNG pide ademais a posta en marcha do Consello Escolar Municipal.Os nacionalistas solicítanlle tamén ó Goberno de Nós Pobra que resolva dunha vez as subvencións ás ANPAS e as axudas ó transporte escolar que levan varios anos sen materializarse.