Calvo anuncia o peche da súa factoría en Esteiro

    MUROS> A empresa comprometeuse a manter os cen postos de traballo actuais desta planta. Coa finalidade de concentrar toda a súa actividade en Carballo, onde se sitúa o seu centro principal de operacións, o grupo conserveiro Calvo, vén de anunciar o peche da súa planta de Esteiro. A conserveira xustificou a súa decisión na perda de competitividade e capacidade que sufriran estas instalacións nos últimos anos. Na actualidade na planta de Esteiro, desenvolvíanse case de forma exclusiva a limpeza de pescado para a súa posterior elaboración en Carballo, unha vez que o grupo decidira eliminar hai varios anos do seu catálogo varios productos cuxa producción se realizaba de xeito case exclusivo nestas instalacións. A pesar de que a nova xa se viña contemplando dende hai tempo, e a propia dirección da firma xa viña negociando as condicións co comité de empresa, o anunciou causou unha gran preocupación na zona, xa que directa ou indirectamente da súa actividade dependen numerosas familias. aínda Así, a empresa comprometeuse a manter os aproximadamente cen postos de traballo actuais, sumando fixos e eventuais, ofrecéndolle a posibilidade os seus operarios a poder continuar coa súa actividade na capital da comarca de Bergantiños, así como axudas para os desprazamentos. O que está por ver e se moitos deles acabarán por aceptar a proposta, xa que por cuestións persoais ou familiares a verían como inasumible, a máis de sesenta quilómetros de distancia e a máis dunha hora de percorrido.