Chegan a Vilagarcía os “Concertos 2017/2018”

    VILAGARCÍA> Chegan os “Concertos 2017/2018” a Vilagarcía. Esta iniciativa organizada pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, xurdiu o ano pasado con unha moi boa acollida. Os 7 eventos musicais programados celebraranse dende este mesmo mes de outubro ata o mes de xuño. A segunda temporada de os “Concertos” organizados pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía comezaran a celebrarse este mes na vila e durarán ata o mes de xuño. Esta edición contará con artistas de moi bo nivel, tal e como sinalou o José Luís Sanz. O violín ou o piano serán só algúns dos protagonistas de estes sete concertos que se celebrarán na Sala Principal a partir das 21:00h os días que están programados. A directora do Conservatorio Profesional de Vilagarcía, recoñeceu o mérito de poder gozar de estas actuacións na vila, e sinalou que é unha boa oportunidade para os estudantes do conservatorio. As entradas poderán adquirirse no mesmo día dos concertos e abrirán dúas horas do mesmo, o custe por localidade é de 18 euros.