Campaña para conservar a biodiversidade nos areais

    obradoiro_plantas_invasoras100_copia.jpgO GROVE> O concello ven de poñer en marcha unha campaña ecolóxica para recuperar os areais do municipio…

    … Os alumnos de secundaria de varios centros eliminarán as plantas invasoras das praias para favorecer así, a expansión das especies autóctonas.

    Conservar a biodiversidade nas praias do Grove é o obxectivo que persegue o concello meco coa posta en marcha dun programa de voluntariado no que participarán os alumnos de varios institutos do municipio.

    Os primeiros voluntarios foron os alumnos de primeiro da ESO do Instituto Monte da Vila que se achegaron á praia do Conroibo cunha misión: eliminar dos areais a Uña de gato. Unha especie foránea, procedente de África, que invade as dunas e que impide o crecemento de especies autóctonas. 

    Os rapaces comezaron coa súa labor despois de cubrir os pes e as mans, para evitar o frío e a chuvia. Os traballos de voluntariado consistiron en arrancar as especies invasoras e acumulalos restos lonxe da area, para transportalos posteriormente e evitar que volvan prender no solo dos areais. Unha lección que os estudantes aprenderon moi rápido.

    A existencia de plantas invasoras nas praias das Rías Baixas é moi frecuente. Estas especies reducen a biodiversidade da rexión afectada ao impedir o desenvolvemento das plantas autóctonas nos areais.

    Campañas coma esta tratan de concienciar á xuventude sobre a necesidade de coidar o ecosistema mariño e terrestre.

    Na estación primaveral levarase a cabo unha segunda sesión deste programa, no momento de floración das especies. Na segunda visita aos areais, os voluntarios eliminarán, amais da uña de gato, a especie Artoteca Caléndula.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/obradoiro_plantas_invasoras.flv{/flowplayer}