Mar de Frades ultima a vendima 2017

    MEIS> Unhas que comezan e outras que xa están a piques de rematalos. É o caso da adega Mar de Frades. Xa hai dúas semanas que comezaron coa recolección da uva, sendo incluso os máis madrugadores da comarca de O Salnés. Estes días, a uva seguía chegando á adega.

     

    Dende o pasado día 6, Mar de Frades está inmersa nos traballos da vendima. De feito, foi a adega máis madrugadora da comarca de O Salnés.

    Nestes días, a adega buliu de actividade, con entrada case continua de uva en adega.

    O proceso de clasificación en Mar de Frades é moi manual, de aí que precisen máis persoal traballando na adega.

    Paula Fandiño coincide co Consello Regulador á hora de destacar o excelente estado sanitario da uva. Un bo resultado a pesares dalgúns momentos difíciles que se viviron durante a campaña.

    Coas uvas recollidas, Mar de Frades elabora o seu albariño clásico e un espumoso. Aínda que se trata da mesma variedade, as uvas teñen características diferentes.

    Ademais da calidade, a adega tamén está satisfeita coa cantidade recollida. Segundo Paula Fandiño, o vendimado ata o de agora cumpre as estimacións realizadas por Mar de Frades.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/vendima_mar_frades_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/vendima_mar_frades.mp4{/flowplayer}