O Liceo casino iniciará este mesmo ano as obras no Club de Mar

    alvaropaz_100_060307.jpgVILAGARCIA > O Liceo Casino de Vilagarcia presentou hoxe a súa programación de actividades para este 2007. Ademáis da permanente aposta…

    …polo deporte e o cine, este ano destacan a ampliación do certame audiovisual ás longametraxes, os obradoiros para mulleres, ou a nova páxina web. Pero o máis urxente é a redacción dun anteproxecto para a posta en valor das instalacións do club de mar.

    Álvaro Paz, director do Liceo Casino e Cruz López, a súa xerente presentaron hoxe a programación de actos para este 2007. O máis destacable é a ampliación do certame adiovisual ás longametraxes e a súa difusión a nivel internacional. A aposta polo deporte base continúa en sentido ascendente logo dos excelentes resultados colleitados estes anos atrás. Tamén os obradoiros de cociña ou bailes de salon. O máis inmediato a páxina web que comezará a funcionar en 15 días, ou o boletín mensual de novas.

    Obras

    Alvaro Paz tamén aproveitou para adiantar que as obras de remodelación e posta en valor das instalacións do Club de Mar no peirao, se iniciarán na medida do posible este mismo ano. Tamén tratou a posibilidade de que a alternativa ó trazado do ave alterase a ubicación da finca na que se contruirán as novas instalacións deportivas e de ocio. Paz valorou que en todo caso, sería beneficioso para a entidade.

    Redacción Salnés