Uns 21 expedientes de obras a Comisión de Patrimonio para a súa aprobación

    CAMBADOS> Este xoves celebrouse unha Comisión Municipal de Patrimonio onde se discutiu sobre 21 expedientes de obras que se atopan dentro do conxunto histórico de Cambados. Este é un primeiro paso antes de que os mesmo acudan a Xunta de Goberno Local para proceder, segundo cada caso, a súa aprobación. Uns 21 expedientes de obras dentro do conxunto histórico de Cambados foron analizados este xoves nunha Comisión Municipal de Patrimonio en Exposalnés. A reunión asistiu persoal con coñecementos técnicos, do concello e tamén da Xunta de Galicia. Esta reunión tivo unha duración superior as dúas horas, e supón o primeiro paso para poder levar a cabo as obras demandas. Neste primeiro paso trátase de chegar a un acordo por unanimidade a hora de conceder as licencias de obra, para posteriormente levar os expedientes a xunta de goberno e proceder a súa aprobación.