Noia avanza na mellora do saneamento e na rexeneración da ría

    NOIA> A rede de saneamento de Noia verase notablemente mellorada coas actuacións previstas polo executivo para erradicar varios puntos de vertido. Na actualidade, xa se procedeu á substitución de varios bombeos e á mellora da cuberta da depuradora. O concello de Noia continúa os contactos coa Demarcación de Costas e Portos de Galicia para definir os prazos e concretar as actuacións do proxecto de mellora da fachada marítima e rexeneración da ría. Paralelamente estase a traballar na mellora de rede de saneamento cun investimento de medio millón de euros de cara á próxima anualidade. Unha obra complexa que busca a erradicación de puntos de vertido polo que o executivo estima que se prolongará ó longo de varias fases cun invetsimento que, en total, podería chegar ós cinco millóns de euros . Estas actuacións veríanse complementadas coas melloras acometidas en varios bombeos e na estrutura e na cuberta da depuradora. Nas próximas semanas, o alcalde manterá unha nova xuntanza coa Consellería de Medio Ambiente para abordar a viabilidade da construción dunha nova depuradora.