Galiza Nova oponse á instalación do monolito do Centenario

RIBEIRA> Galiza Nova realizou un acto simbólico de protesta no monolito da praza do Centenario de Ribeira. Denuncian con esta acción o branqueamento da monarquía, unha institución de cualifican de anacrónica e antidemocrática.

Esta semana, o concello de Ribeira procedía a instalar novamente o monolito da praza do Centenario que fora retirado durante as obras de remodelación do espazo. Dende Galiza Nova consideran que non se debería ter recuperado este símbolo da monarquía, inaugurado en 2006 polos reis eméritos.

Os membros da organización xuvenil procederon á colocación de varias pancartas denunciando o branqueramento dunha institución como a monarquía e reivindicando unha república galega.