RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira entregou esta mañá o premio á ganadora da campaña do Día do Pai. Anuska Enríquez recolleu o cheque de mil euros para gastar nun só día no comercio local. Estivo acompañada por Uxía Núñez, da cafetería Odelas, quen repartiu o boleto gañador.
Un ano máis, a asociación de empresarios de Ribeira volveu apostar por un único premio de mil euros na campaña do día do Pai. Recaeu en Anuska Enríquez grazas a unha consumición realizada na cafetería O Delas.
A campaña deste ano bateu récord de participación con mil tiquets máis rexistrados que o pasado ano.
O incremento de participación revela o interese de clientes e empresas por este tipo de campañas de dinamización que contribúen a reforzar o tecido comercial e hostaleiro do municipio.











