Sanxenxo, primeiro concello de Galicia para turistas dixitais

    SANXENXO> Sanxenxo é xa o primeiro municipio galego en contar con sinalización intelixente para os turistas. Unha iniciativa pioneira en Galicia que permite ó usuario coñecer toda a información do punto turístico onde se atopa, a través dunha aplicación móbil que non precisa, conexión a internet. Con só descargar unha aplicación, Inventrip, pódese planificar unha viaxe no móbil en tan só tres pasos. O primeiro ,crear unha axenda de viaxe, organizada en carpetas por días, restaurantes, roteiros…Ademais de navegar e seleccionar lugares a visitar. E a partir de xa isto é unha realidade en Sanxenxo. Trátase do primeiro concello galego en contar con esta sinalización turística intelixente, que se presentou esta mañá. De momemnto haberá 5 puntos no concello onte conectarse, pero agárdase ir aumentando a información dos lugares máis turísticos. A intención de converter Sanxenxo en destino turístico intelixente supón aumentar a competitividade, mediante un maior aproveitamento dos seus atractivos, a creación de recursos innovadores, e unha distribución que finalmente impulse o desenvolvemento sostible e facilite a interacción co visitante. O único que hai que facer para desfrutar desta tecnoloxía e ser un turista dixital é descargarse a aplicación: inventrip no seu dispositivo móbil.