BARBANZA> Familias e usuarios da asociación Amicos piden a vacinación inmediata das persoas con diversidade funcional. A entidade está a levar a cabo unha recollida de sinaturas para solicitar as Administracións con competencias na materia que prioricen a vacinación deste colectivo de persoas, independentemente de su idade.
Javier é un exemplo dos moitos usuarios de Amicos que a diario acudían ó centro ocupacional a realizar actividades ou mesmo traballar. A chegada da covid condicionoulle a vida e o seu día a día. Por esta razón pide que se lle administre a vacina para poder volver á súa vida normal e a unha integración plena.
Adolfo é pai dunha usuaria diurna do Centro. El tamén solicita a vacinación para a súa filla que leva máis dun ano sen poder acudir ás instalacións ó non estar vacinada.
A través dunha recollida de firmas, dispoñible na súa propia páxina web, www.amicos.es, a entidade solicita que se priorice a vacinación das persoas con discapacidade, dependencia e grandes necesidades de apoio, independentemente da súa idade, e tamén para os seus coidadores principais.
Con esta solicitude únense á campaña de Plena Inclusión España para sumar forzas nesta proclama. Tódalas sinaturas recollidas seranlle enviadas ó Ministerio de Sanidade.