![]()
SANXENXO > A candidata socialista á alcaldía de Sanxenxo, Dulcinea Aguín, presentou hoxe o seu primeiro compromiso político de…
…cara ás vindeiras eleccións. Trátase da reubicación das instalacións do Club de Piragüismo na zona portuaria de Portonovo. Un compromiso que conta xa co prace de Portos de Galicia a quen o luns o club remitirá a solicitude de concesión de licencia administrativa.
Dulcinea Aguín presentou hoxe o proxecto de reubicación das instalacións do club de piragüismo ó porto de Portonovo. Un compromiso, segundo afirmou para mellora-las instalacións e fomenta-lo deporte, que xa deu seus froitos porque conta xa co visto bo de Portos de Galicia. Aguín considera esta reubicación, unha débeda histórica do municipio co club.
A candidata a alcaldía de Sanxenxo mostraba o seu convencemento de que o club poida dispoñer pronto das instalacións que necesita, arredor dos 800 metros cadrados, xa que nas actuais instalacións só dispoñen de 200 metros.
Respaldo
Segundo asegurou o presidente do Club de piragüismo, José Antonio Garrido, confían plenamente en que se cumpla co compromiso adquirido para facer xustiza coas necesidades do club, xa que contan cun amplo respaldo político e cidadán.
Redacción Salnés









