Camiño pide á Xunta que realice as obras de mellora nos colexios

    COLEXIO_CARRIL copy.jpg VILAGARCÍA> A edil de Educación do concello de Vilagarcía asegura que o delegado territorial se comprometera a realiza-las obras durante o verán.

    {flowplayer}images/salnes/COLEXIOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
     
    Na reunión na que a edil de educación do concello de Vilagarcía se reuniu co delegado territorial de educación, César Pérez, no mes de febreiro, este comprometeuse a levar a cabo reformas en catro colexios da localidade: Vilaxoán, Arealonga, Vagalume e o Rosalía de Castro de Carril.
     
    Nesta ocasión, incluso lle amosou a partida orzamentaria dos catro casos. Ata o momento só se realizaron melloras no colexio de Vilaxoán.
     
    Susana Camiño considera que é unha discriminación para Vilagarcía. O que está en peores condicións é o colexio de Carril no que confesa é necesario cambiar a cuberta xa que cando chove hai charcos e existe risco de desprendementos. Xa comezaron as obras para poñer uralitas novas no patio exterior. A edil de educación confesou que o fan para saír do paso. Ademais, recoñece que supón un perigo real para os nenos.
     
    Caamaño asegura que o ideal sería a construción dun novo colexio para Carril. Polo tanto, a edil de educación pide ó delegado territorial que se reúna con ela e que se achegue a Vilagarcía para visitalos colexios.
     
    Redacción Salnés