10 mil quilos de residuos retirados do fondo da dársena de Pontecesures

PONTECESURES> Máis de 10 mil quilos de residuos retirados do fondo mariño de Pontecesures. A vila é unha das 6 beneficiadas polo plan de limpeza de dársenas que promove a Xunta. O Presidente de Portos de Galicia destacou a importancia desta dársena pola cantidade de peregrinos que recibirá nas próximas datas.

O Porto de Pontecesures foi un dos 6 beneficiados polo Plan de Limpeza de Dársenas que promove a Xunta de Galicia. O obxectivo desta actuación é a retirada dos obxectos que acaban no fondo mariño.

A actividade levouna a cabo unha empresa contratada por Portos de Galicia e a Consellería do Mar e que contou coa coordinación do gardapeiraos da zona e co apio da área medioambiental de Portos de Galicia.

José Juan Durán destacou a importancia estratéxica desta dársena que cada ano é visitada por moitos peregrinos. Para o alcalde en funcións da vila estas actuacións son necesarias pola importancia que o río ten para Pontecesures.

Finalmente os equipos de limpeza retiraron do fondo da dársena máis de 10 mil quilos de residuos.