A ILLA> O sector pesqueiro e os escolares da Illa de Arousa limpan as súas praias. A través do proxecto Placton de Abanca, 160 persoas dedicaron a mañá de hoxe a recoller lixo dos areais. Coa iniciativa tamén se busca concienciar á poboación da importancia de reciclar e coidar a natureza.
A obra social de Abanca lanzou este ano o plan de conservación territorial on, denominado Placton. Un proxecto que ten como obxectivo fomentar a conservación e sustentabilidade das actividades económicas, especialmente no sector pesqueiro. A actividade realizouse hoxe na Illa de Arousa, onde os mariscadores e os escolares participaron na recollida de lixo nas praias.
Ademais de coidar a natureza, concienciar á poboación é un dos piares fundamentais deste proxecto.
Na actividade participaron 160 persoas, entre eles, os escolares do colexio Torre Illa e o alumnado do FP de acuicultura.
Na recollida, os voluntarios atopan todo tipo de lixo, especialmente plásticos. Dende a fundación sinalan o perigo dos microplásticos para os animais.
Os proxecto actúa en zonas protexidas para limpar a natureza e coidar as especies en perigo de extinción. Ademais desta actividade, na illa, os traballadores do mar teñen o seu propio programa de recollida de lixo no que levan retirado da costa máis de 34 toneladas de refugallos.