Pontevedra> A concelleira de Mercados anunciou esta mañá que en 15 días baixarase a lonxa de pescados da praza de Abastos ao primeiro andar. Unha reubicación que terá un custe de 21 mil euros e que ten como fin reordenar os postos e dinamizar a praza de Pontevedra. A concelleira de Mercados informou nesta xornada que nun prazo de 15 días, e despois de certas discrepancias ao respecto, a lonxa da Praza de Abastos trasladarase á planta baixa. Esta reubicación da lonxa conta cun orzamento de 21 mil euros e dende o concello xa teñen pedidos todos os permisos á Xunta. Aproveitando este cambio, dende o concello están estudando a posibilidade de sacar a concurso público a explotación da lonxa. O vindeiro luns, a concelleira manterá unha reunión coas praceiras para informarlles da proposta técnica que barallan para baixar ao primeiro andar as froiteiras que teñen hoxe en día os postos no segundo andar.
Inicio PONTEVEDRA









