O BNG ten claro que é o momento de recuperar a ría de Pontevedra

Pontevedra> Dende o BNG celebran que a partir do 29 de xullo, previsiblemente, recuperarán unha parte da ría co peche de ELNOSA. Os nacionalistas consideran que co cambio de Goberno se abre unha oportunidade única para poñer fin, dixo esta mañá Bará, a unha desfeita que parte da época franquista, a frear esa prórroga concedida á empresa ENCE.

Se todo segue segundo o previsto, o 29 de xullo ELNOSA pechará as súas portas na ría de Pontevedra. Unha nova que celebran dende o BNG xa que lles permitirá recuperar, dixo esta mañá Luis Bará, os 12 mil metros cadrados que ocupa ELNOSA nas marismas de Lourizán.

Dende o BNG dixeron que a Xunta ten nas súas mans cumprir un dos seus compromisos coa empresa que é reubicar ELNOSA noutra zona da cidade.

En relación a ENCE dende o BNG tamén consideran que o Goberno Central debe de tomar unha decisión antes da vinderia semana en relación a prorroga outorgada no seu momento polo Goberno do Partido Popular.

Dende as filas nacionalistas consideran que están ante unha oportunidade histórica para poñer fin a unha desfeita realizada na ría na época de Franco.

Dende o BNG pediron ao PSOE que sexa consecuente e coherente e actúe con valentía para dar pasos que permitan expulsar á pasteira da ría de Pontevedra.