Jorge Coira e Manuel Gago sorprenden e emocionan nas súas visitas cruzadas

Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago. O cineasta Jorge Coira centrou o seu percorrido polo museo no retablo de Belvís, continuou pola arte do renacemento e rematou a súa andaina nas obras do século XX. O crítico gastronómico galego centrouse na arte prehistórica e castrexa pasando polas mámoas que conserva o museo, os tesouros atopados no río Ulla ou unha das poucas representacións dunha muller na arte castrexa. Ambos guías por un día amosáronse encantados con esta experiencia. Unha opinión que tamén compartiron os asistentes a esta segunda visitas cruzadas. Dende este luns xa se poden anotar na vindeira visita que como todas, é de balde, os protagonistas serán a actriz e poeta María Lado e o xornalista Quico Novoa. O único que teñen que facer para asistir é inscribirse en gabinetedicactico.museo@depo.es {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/15/visitas_14_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/15/visitas_14.mp4{/flowplayer}