Este domingo comezan os directos da Banda de Música

Pontevedra> Unha nova edición do Ciclo Butaca da Manda de Música de Pontevedra bota a andar este domingo. A cita será as 12:00 no Teatro Principal baixo o título “Grandes Oberturas”. Os concertos deste primeiro ciclo serán en fin de semanas alternos ata mes de xaneiro, que terán lugar os días 7 e 14. Todo listo para darlle a benvida un ano máis ao ciclo Butaca da Banda Municipal de Música de Pontevedra. Hoxe presentaron o calendario deste primeiro ciclo, serán concertos todos eles gratuítos que terán lugar os domingos e celebraránse en fins de semana alternos agás no mes de xaneiro que terán lugar os días 7 e 14 e no Nadal, en decemebro que debido ao fin de ano cambiase a data para o 28 de decemebro. Dende a presidencia desta Banda Municipal de Música de Pontevedra animan a todo o mundo a participar e formar parte destas citas musicais. E o director desta Banda dixo esta mañá que co repertorio deste primeiro ciclo de concertos será aberto e dinámico. Este domingo 15 de outubro ás 12:00 da mañá dará comezo o ciclo de concertos da Banda Municipal de Música de Pontevedrs cunha cita titulada Grandes Oberturas.