O Goberno da Deputación esixe a dimisión de Durán ao que van demandar por incitación ao odio

FONT POSICIONAMENTO DEPU> Carmela Silva non falará sobre as declaracións de Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, nas que se refería a ela como chacha para todo. Esta mañá foi o voceiro do Goberno Provincial o encargado de anunciar os pasos a seguir pola Deputación. Dende o ente provincial esixen a dimisión de Durán e anuncian que levarán este asunto ante os tribunais por incitación ao odio, inxurias e calumnias.

O voceiro do Goberno Provincial amosouse claro esta mañá tralas declaracións realizadas polo alcalde de Vilanova onde se refería a Carmela Silva como chacha para todo do alcalde de Vigo. López Font dixo que dende a institución provincial xa están emprendendo medidas legais para levar este feito ante os tribunais.

López Font dixo que dende a Deputación piden a dimisión de Durán e ademais tamén insiste en que o presidente da Xunta, o presidente do PP en Pontevedra e a secretaria xeral de Igualdade deben de tomar cartas no asunto e posicionarse ante estas declaracións, que o voceiro considera deneznables.

O voceiro do Goberno Provincial ten claro que non se poden permitir este tipo de comportamentos nin comentarios.

Para este mércores, 10 de outubro, o PSOE convoca unha mobilización ás oito da tarde no cruce de Daniel de la Sota coa Rúa da Peregrina baixo o lema, machismo institucional non, non sexas cómplice co teu silencio #durandimision.