O PP de Cambados acusa a Fátima Abal de mentir na súa despedida e na entrevista a Canal Rías Baixas

CAMBADOS> O partido popular de Cambados acusa a Fátima Abal de mentir e manipular polas súas declaracións no pleno de renuncia e na entrevista ao Canal Rías Baixas. Entre outras cuestións, Luís Aragunde defendeu os investimentos da Xunta na vila e criticou a xestión do equipo de goberno de Abal.

O pleno de renuncia e a entrevista que Fátima Abal deu ao canal rías baixas, non gustou a oposición de Cambados. Dende o partido popular acusan á exrexedora de mentir e manipular a realidade coas súas declaracións. A primeira cuestión radica no salario que Fátima percibía como alcaldesa.

Luís Aragunde tamén acusa a Fátima de mentir cando critica á xestión da súa formación polos investimentos en saneamento.

Ademais, Aragunde criticou a xestión do goberno de Fátima Abal, ao que acusa de perder axudas tanto da xunta como da deputación.

Os populares tamén defenderon os investimentos da Xunta en Cambados.

Os populares volver a defender a súa xestión fronte a de Fátima Abal, asegurando que cando eles gobernaban había máis policía de noite, as festas do albariño eran mellores e Esperanza Salnés recibía máis axudas que poderían evitar o seu peche.