Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos. Dende a madrugada do sábado a Deputación de Pontevedra activou o Gabinete de crise debido a vaga de lumes que afectan a nosa comunidade, especialmente, a provincia de Pontevedra. Un gabinete que está en permanente coordinación coa Consellería de Medio Rural, a dirección xeral de Emerxencias da Xunta e os concellos do sur da provincia. A presidenta da Deputación informou que dende o sábado pola noite esta administración mobilizou todos os parques do consorcio provincial contra incendios e salvamento. O vicepresidente da Deputación dixo esta mañá que non se pode permitir que ano tras ano o maior problema que continúa tendo Galicia é o monte. Mosquera dixo que agora máis que nunca é importante sentarse e buscar consenso sobre a política forestal galega. Preguntados sobre si esta vaga de lumes foi intencionada, como apuntan algunhas voces, a Presidenta da Deputación dixo que non é momento de buscar culpables, é momento de actuar e apagar todos os lumes. En relación a datos, dende a Deputación dixeron que van a agardar a que os lumes estén todos extinguidos para entrar a valorar todos os danos ocasionados e tamén valorar a actuación e coordinación destes días de intensa actividade.
Inicio PONTEVEDRA