A Xunta inviste 1,5M de euros na instalación de dúas centrais de biomasa no campus de Pontevedra

PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia inviste máis de 1,5 millóns de euros na instalación de 2 centrais de biomasa no campus de Pontevedra. Con esta iniciativa, preténdese reducir o impacto no medio ambiente, acadando así un sistema de calefacción moito máis eficiente que o actual.

A Xunta de Galicia inviste máis de 1,5M€ na instalación de dúas centrais de biomasa no Campus de Pontevedra e na Cidade Educativa da Xunqueira. O obxectivo deste proxecto é reducir o impacto medio ambiental, acadando un sistema de calefacción máis eficiente dende o punto de vista enerxético.

Ademais de promover unha cultura de respecto ao medio entre o alumnado, esta iniciativa supón un impulso na renovación das instalacións públicas. Ademais, estes proxectos suporán unha redución de emisións dun mínimo de 182 toneladas de CO2 ao ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí