O Goberno Local critica a “coordinación” da Xunta ante a vaga de lumes

Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos. Pese a que non é o momento de críticas dende o Concello de Pontevedra non entenden como dende a Xunta de Galicia non solicitaron no día de onte axuda aos bombeiros desta cidade. O alcalde da cidade e o voceiro do Goberno explicaron esta mañá que foron eles mesmos quenes se tiveron que poñen en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos. Contribuíron cun vehículo e 5 bombeiros. O alcalde dixo estar mañá sentir moita pena polo que está vivindo un ano máis a nosa comunidade. Lores dixo que é necesario facer políticas máis serias e criticou a falta de previsión da Xunta á hora de non prorrogar o servizo contra incendios de máis de 400 brigadistas. Dende o concello, ao igual que dende a Deputación, dixeron esta mañá que non é o momento de facer críticas pero que unha vez que se acabe con este desastre haberá que sentarse e analizar detidamente todo o sucedido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí