Plademar reclama o pago da xornada de traballo do pasado 3 de outubro

    NOIA> Dende a entidade entenden que os mariscadores non son culpables da situación vivida ese día cando se decretou o peche dos bancos marisqueiros unha vez xa de volta de faenar. Uns trescentos mil euros. Esa é a cantidade que Plademar lle reclama á consellería do Mar por ese primeiro día de traballo. Ese día sairon a faenar como calquera outro, pero pola tarde o Intecmar decretou o peche dos bancos marisqueiros pola presenza de toxina, o que obrigou a devolver todo o marisco collido ese día ó mar. Dende Plademar consideran tamén necesario que a Consellería cree un protocolo para este tipo de casos. Outra das súas demandas radica na necesidade dun cambio do actual sistema de comercialización. Dende a Plataforma confían en que a situación no mar mellore, e así a finais desta semana poder iniciar a súa actividade despois de máis de dúas semanas sen poder facelo.