Centos de ribeireses arroupan a Torres na súa presentación como candidato

    presentaciontorrescolomer_100_290307.jpgRIBEIRA > O PP de Ribeira celebrou o acto de presentación do seu candidato á alcaldía de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer. O salón de actos …

    … da Casa do Mar quedouse pequeno para acoller ó numeroso público que quixo arroupar ó actual alcalde. Entre eles o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, e o deputado parlamentario, Manuel Ruíz.

    Precisamente foi este último o encargado de abri-lo acto cunha semblanza de Xosé Luís Torres Colomer, a quen calificou de ‘home sensato e con experiencia que busca a concordia da sociedade e o entendemento de tódolos grupos políticos’.

    Torres Colomer presentouse ante o numeroso auditorio con ‘ganas de traballar e moita ilusión’, a mesma, segundo dixo, que hai 16 anos cando accedeu á alcaldía de Ribeira. O rexedor local fixo un repaso polos moitos logros que se teñen conseguido nestas catro lexislaturas como o hospital comarcal, a gardería, a residencia da 3ª idade, as melloras nos portos, a dotazón de servizos básicos ou a creación de espazos de lecer.

    Aínda así, Torres Colomer é consciente de que queda moito por facer e adiantou algúns dos proxectos previstos para a vindeira lexislatura, se os cidadáns renovan a súa confianza no Partido Popular.

    Os populares plantexan ademais outras necesidades como a ampliación e mellora do Parque de San Roque, a loita contra os vertidos incontrolados, a mellora dos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria, a consecución dun centro de día a unha nova gardería, a construción dun matadoiro, o recinto feiral ou o incremento da seguridade cidadá.

    Críticas á oposición

    presentaciontorrescolomer_200_290307.jpgDurante a súa intervención, Torres Colomer amosouse moi crítico cos grupos da oposición ós que acusou de ‘falla de proxectos e de capacidade de goberno’. Nesa mesma liña, tamén o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijoó, arremeteu contra o goberno bipartito da Xunta posto que, ó seu parecer, están a gobernar os partidos que perderon as eleccións. Por este motivo, Núñez Feijoo volveu remarcar o compromiso dos populares de non asumir o goberno se non contan co apoio maioritario dos cidadáns.

    O presidente rexional do PP galego tamén tivo palabras de crítica para os medios de comunicación, especialmente a TVG, á que acusou de ‘discriminar ó seu partido incumprindo a legalidade en materia de intervención dos grupos políticos, censurando a determinados cargos do PP e manipulando a información’.

    Redacción Barbanza