Moldes: “a actuación da presidenta non pode ser a dun hooligan do PSOE”

Pontevedra> Dende as filas do PP provincial levarán unha moción ao pleno da Deputación, co fin de solicitar a esta administración que colabore cos danos ocasionados trala vaga de lumes da pasada fin de semana. Moldes pediulle esta mañá a Carmela Silva que actúe como presidenta da Deputación e non como unha hoolingan do PSOE. Dende as filas do PP provincial piden que a Deputación amose e diga de que maneira vai a axudar aos damnificados coa vaga de lumes, Moldes quixo lembrar que no 2006, Rafael Louzán si que axudou aos concellos máis danados por esta catástrofe medio ambiental. Moldes cree que a presidenta se están equivocando coas súas declaracións Dende o PP levarán unha emenda ao pleno co fin de que o Goberno da Deputación diga de que maneira ou a través de que plan van a axudar aos concellos máis damnificados pola vaga de lumes. Moldes dixo que o seu partido solicita da presidenta que este á altura das circunstancias. Dende o PP insisten en que a Comunidade Europea, o Estado Español e a Xunta deben realziar a súa inversión tras esta catástrofe pero tamén solicitan da Deputación que se poña a traballar no mesmo camiño co fin de axudar aos máis damnificados.