‘Solvencia’ abre no centro a súa tenda de roupa solidaria

PONTEVEDRA > A Asociación Solvencia segue medrando. A piques de cumprir os tres anos de traballo, a entidade abriu unha nova tenda de venda de roupa para axudar a familias necesitadas. Os cartos recadados destinaranse a manter o economato que a asociación ten en Monteporreiro.

 

Despois de case tres anos de andaina, a Asociación Solvencia continúa medrando. Unha das súas apostas, a tenda solidaria de roupa, múdase agora para o entorno da praza de Barcelos, no centro de Pontevedra.

Agora ocupan un local na rúa Álvaro Cunqueiro. Aí recollerán e venderán roupa ao público en xeral prezos moi económicos.

Todo o recadado destinarase a manter o economato que Solvencia posúe en Monteporreiro. A súa prioridade.

Entre perchas e estanterías, pódense atopar prendas e calzado con prezos que van dende 1 euro aos 20 das máis caras.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/inauguracion_tenda_solvencia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/inauguracion_tenda_solvencia.mp4{/flowplayer}