Pontevedra> A actualidade política de Cataluña chegou ao pleno da corporación en Pontevedra a través dunha moción do PP. Os populares solicitaron o apoio ás forzas e corpos de seguridade do estado que están traballando en Cataluña dende o pasado 1 de outubro,. Unha moción que non saíu adiante e que contou co apoio do PSOE, Ciudadanos e PP e a negativa de Marea e BNG. A actualidade política de Cataluña chegou ao pleno da corporación a través dunha moción do PP onde solicitaba o seguinte. Con este asunto de máxima actualidade, o teatro principal contou con membros das forzas de seguridade do estado no seu patio de butacas. Foi un pleno onde o alcalde tivo que realizar unha chamada ao orde. Dende o Grupo Marea non comparten esta moción do PP, din que de igual maneira que se respalda ás forzas de seguridade no estado tamén se poden respaldar a outros colectivos. Dende o PSOE pola súa banda pediron ao Goberno de Cataluña a que restableza o diálogo social. Dende Ciudadanos amosaron o seu apoio incondicional as forzas de seguridade do estado. E dende o Goberno Local, dende o BNG, dixeron que o Goberno Español debería pedir disculpas por utilizar as forzas de seguridade do Estado como arma política na sociedade. Unha moción que non saíu adiante e que contou coa negativa de Marea e BNG e o apoio do PP, PSOE e Ciudadanos.
Inicio Pontevedra