Os días 1 e 2 de decemebro terá lugar a “Gran Recollida” do Banco de Alimentos

Pontevedra> A gran recollida que organiza o Banco de Alimentos terá lugar os días 1 e 2 de decembro. Dende esta entidade agardan poder recadar máis de 320 mil quilos en toda a provincia, e para isto precisan de preto de 500 voluntarios na Delegación de Pontevedra. As principais demandas deste ano están nas latas de conservas, aceites, cacao e galletas. Dende o Banco de Alimentas comezan a súa campaña de información para a Gran Recollida que terá lugar os días 1 e 2 de decembro. Dende xa os voluntarios interesados poden aportar durante estes meses o seu graniño de area. Para a delegación de Pontevedra precísanse preto de 500 voluntarios. O presidente deste espazo ten claro que pese a que se fale de que a situación está mellorando eles non notan dita melloría. Dende o Banco de Alimentos, axudan a través de ONG e distintas entidades a preto de 4500 persoas na delegación de Pontevedra. Para este ano, nas xornadas da gran recollida agardan poder recadar 320 mil quilos de alimentos para toda a provincia, dos cales 100 mil irán destinados á Delegación de Pontevedra. Os produtos que mais precisan nesta ocasión son latas de conservas. A Delegación de Pontevedra contará con máis de 50 lugares onde todos os que o desexen poderán colaborar con esta Gran Recollida os días 1-2 de decembro. O 17 deste mes coñeceremos quen é o padriño ou madriña deste ano. Agora o importante é que a xente que poida se faga voluntaria para axudar a milleiros de persoas.