Etiqueta Negra baixa o telón da súa segunda edición

Pontevedra> Éxito de participación e de asistencia na segunda edición da Feira Etiqueta Negra. Unha cita que hoxe pechou as súas portas despois dunha fin de semana de intensa actividade. Neste evento participaron 67 produtores gourmet galegos que destacan pola súa orixinalidade e calidade das súas propostas. Tras tres días de celebración a segunda edición da Feira Etiqueta Negra pecha as súas portas cun éxito de asistencia e participación. Os produtores que formaron parte desta iniciativa do gourmet galgeo amosábanse esta mañá encantados co resultado final. E non é para menos o éxito desta actividade, unha cita onde nos puidemos atopar cos mellores produtos da nosa comunidade. Durante estes tres días profesionais do sector, produtores e consumidores reuníronse non só co fin de coñecer novas tendencias e establecer novos contactos comerciais senon tamén para posiconar e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.