BOIRO> O resultado final foi de tres a un para os boirenses, on tantos de Fajardo e Abad, este último por partida dobre. O gol noiés foi obra de Piñeiro. Plantexamento valente o do Noia onte en Barraña. Os de Jaime Sánchez saíron de inicio a xogarlle de tu a tu a un Boiro que partía a priori de favorito. Nos pimeiros minutos mesmo chegou a levar a iniciativa no xogo, pero sen apenas crear perigo na área local. Pouco a pouco o Boiro foise asentando sobre o terreo de xogo, fundamentalmente grazas ó xogo polas bandas. Con este acoso, o primeiro tanto local non tardaría en chegar. Corría o minuto 20 de partido cando unha falta botada por Yahvé foi rematada no segundo pau por Fajardo, que necesitou de dous remates para aloxalo balón dentro da portería. O gol espolearía os locais e noqueou a un Noia, que a partir de ahí entrou nunha dinámica negativa no partido. Os de Lemos tiñan o dominio total do encontro, chegando con facilidade e mesmo perigo á área rival. Aínda no pasaran nin cinco minutos do primeiro tanto, cando os boirenses aumentarían a renda. Un centro de Javi Otero dende a banda foi rematado en área pequena por Abad, que ante a tímida saída de Pajarillo, enviaba o balón a dentro das mallas. Era o dous a cero. Nas gradas xa cheiraba a goleada. Aínda así o resultado non se movería máis na primeira metade. Á volta dos vestiarios o Noia tirou de casta. Mellorou no aspecto defensivo, maniatando o xogo en mediocampo do Boiro. Aínda así, os locais nunha xogada de Fajardo, que buscou a Abad, facían o tres a cero. Era o minuto 57 de partido. O Boiro levantou un pouco o pé do acelerador, momento que aproveitou o Noia para recurtar distancias. Piñeiro despois dunha gran galopada facía o tanto da honra, poñendo o tres a un no marcador. A vitoria leva ós de José Luis Lemos a asomarse á cabeza da clasificación. Esa posición na que todos o situabana a comezos de curso. Pola contra o Noia segue mantendo o faroliño vermello con tan só seis puntos no seu haber. Na próxima xornada o Boiro terá unha difícil saída, ó enfrontarse ó Ourense. O Noia recibirá en san Lázaro o Barbadás, equipo que o antecede na clasificación cos mesmos punto. Un partido que os noieses deberán gañar si ou si, se queren ter aínda apiracións a manterse na categoría.
Inicio Barbanza - Muros - Noia