Carlos Conde e Send2Me Last Mile foron os gañadores dos Premios Xove Empresario do Ano

Pontevedra> Carlos Conde e Send2Me Last Mile foron os gañadores da vixésimo segunda edición dos Premios Xove Empresario do Ano. Uns galardóns que anualmente entregan dende AJE Pontevedra co fin de recoñecer iniciativas que fomentan a cultura emprendedora e a innovación nas pequenas e medianas empresas. O Museo de Pontevedra acolleu por primeira vez a vixésimo segunda edición dos Premios Xove Empresario do Ano. Unha cita que estivo presentada polo noso compañeiro Eugenio Giráldez e que recoñece, por parte de AJE, iniciativas que fomenten a cultura emprendedora e innovación nas pequenas e medianas empresas. O xurado decidiu outorgar o Premio Novo Empresario do Ano 2017 a Carlos Conde Peluqueros. Pola súa banda, o premio Novo Emprendedor do Ano 2017 foi para Send2Me Last Mile, firma dedicada a comercialización de caixas de correos electrónicas e do software necesario para a súa xestión. O empresario Edelmiro Cuiña recibiu o premio honorífico do ano. Á cerimonia e ao posterior cóctel asistiron entre outros a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías ou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz.