Zona Franca comprométese con Iván Puentes para asumir a ampliación do polígono do Campiño

PONTEVEDRA> Pola súa banda, o Partido Socialista centrou o arranque de campaña en Pontevedra cun anuncio: o compromiso adquirido po Zona Franca de Vigo co candidato Iván Puentes de asinar un convenio para asumir a ampliación do polígono do Campiño.

O candidato do Partido Socialista comezou a campaña en compañía do delegado da Zona Franca de Vigo. Dende o polígono do Campiño, anunciaron o compromiso do consorcio de asinar un convenio urbanístico co concello para asumir a creación de solo industrial na zona.

Regades explicou que este compromiso concretarase incluíndo unha partida para o polígono do Campiño nos orzamentos da Zona Franca e nos orzamentos xerais do Estado.

Pola súa banda, Iván Puentes sinalou que unha das apostas fundamentais do seu programa electoral é consolidar grandes empresas no concello, así como atraer outras novas a Pontevedra.

O alcaldable socialista recordou que dende o concello xa se solicitou á Xunta a ampliación do polígono do Campiño. Posibilidade que foi desbotada dende o goberno autonómico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí